Cada ano, neste día, homenaxéase a un escritor galego. Este ano trátase de Valentín Paz Andrade nado en Pontevedra o 23 de abril de 1898 e falecido en Vigo o 19 de maio de 1987. Este escritor, ademáis de poeta e xornalista foi xurista, empresario, político e economista.
Poño aquí a foto dunha estatua del que hai na praza de San José en Pontevedra.
E aquí poño dous poemas do mesmo autor
Dous a dous en tres ringleiras
tricornos seis, seis cabalos,
un fusil a cada lombo,
capotes de sombra amargos,
cal seis funiles de tebra
sobre hipogrifos marchando.
As ferraduras nas laxes
ronsel de chispas nos cascos.
Charoles o anoitecer
verten seu frío no cadro.
tricornos seis, seis cabalos,
un fusil a cada lombo,
capotes de sombra amargos,
cal seis funiles de tebra
sobre hipogrifos marchando.
As ferraduras nas laxes
ronsel de chispas nos cascos.
Charoles o anoitecer
verten seu frío no cadro.
[Celeiros de Queixa, 1937]
Chora, terra, teu pranto
das augas e dos eidos e dos ares,
as vivas páreas cósmicas da reza,
en mantelo de brétemas envoltas
que noso fin ao noso orixe ligan
das augas e dos eidos e dos ares,
as vivas páreas cósmicas da reza,
en mantelo de brétemas envoltas
que noso fin ao noso orixe ligan
[Pranto matricial 1955]
No hay comentarios:
Publicar un comentario